Este sábado 28 de xaneiro e o próximo 11 de febreiro no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, terá lugar un novo encontro de formación de familias, organizado pola fundación Faiben. Fundación de apoio á infancia e ao benestar, (www.faiben.org ), quen a través do programa de adopcións especiais "adoptar é posible" traballa con familias interesadas en adopcións especiais. Dito programa desenvólvese en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar, a través da Secretaría Xeral de Familia e Benestar. Entre os obxectivos do programa está a sensibilización, captación, información e formación das familias dispostas a adoptar menores da comunidade autónoma galega, que polas súas características especiais teñen máis dificultades para exercer o seu dereito a vivir en fa milia.
Este programa encárgase de buscar solución adoptiva a aqueles nenos/as que, estando en situación de ser adoptados, as súas características persoais poñéndollo mais difícil. Falamos de nenos/as maiores, grupos de irmáns, nenos/as con algunha discapacidade física ou intelectual, ou algunha outra característica que dificulte a súa adopción. En Galicia hai nenos/as que están medrando en centros de menores, e precisan e desexan ser membros dunha familia.
Atopar e formar familias é un dos obxectivos do programa. Acompañalos nos comezo do proceso adoptivo é outro aspecto clave que minimiza os riscos de fracaso e favorece a evolución da integración. Na formación trabállase en grupos reducidos para que a dinámica da xornada sexa participativa e práctica. Non se pretende ensinar, sen& oacute;n tomar conciencia das expectativas, motivacións, medo s, destrezas, debilidades... que cada un individualmente ten, e poder afrontar con éxito a tarefa de facerse pais e fillos, e formar unha familia.
Tamén se trata de poñer as familias, no lugar dos nenos/as que están a espera dunha adopción, facéndose conscientes dos medos, feridas, mecanismos de defensa que se viron obrigados a desenvolver, carencias afectivas que arrastran.
A finalidade é ter unha visión máis obxectiva e desenvolver habilidades para favorecer a integración. Nunha palabra conseguir que o proceso de encaixe dun neno cunha familia, responda no posible as expectativas de ambos. Moitos nenos/as que temos á espera dunha adopción levan anos en centros de menores porque os seus procesos, familiares, xudiciais..., son lentos e, ás veces, complicados de resolver.
Dende este programa afirman que estes nenos/as merecen a oportunidade de pertencer a unha familia, e sentirse membros dela. De que estes cativos/as se sintan parte dun entorno que os acolla, protexa e aposte por eles de xeito incondicional. A experiencia dos 26 nenos que foron adoptados nos últimos anos confírmao.
Si desexas contactar co "programa de adopcións especiais" podes facelo a través do teléfono 902 404 224 ou do correo adoptareposible@faiben.org. A sede do programa atópase no Milladoiro, na rúa das Hedras, número 5, 3º C.
No hay comentarios:
Publicar un comentario